O señor Xaquín desaparece por sorpresa da residencia de anciáns na que, voluntariamente, pasa os derradeiros anos da súa vida. A mobilización para dar con el provoca un enredo en cadea que, decontado, chegará ata extremos inusitados. Ao tempo que se produce esa delirante busca, os protagonistas, un vello e un parado, figuras paradigmáticas deste inicio de século, van espertar unha historia do pasado que semellaba durmida. Aínda que a lectura de Zapatillas rotas por veces provoque o riso, mostra un perfil de tristeza, xa que esta é unha novela que fala de como somos e como procedemos, do que é esencial e, na maioría dos casos, pasa desapercibido, do que é frívolo e, porén, ten éxito no noso tempo. Zapatillas rotas trata, ao cabo e sen ocultar o sarcasmo, dos valores desta sociedade en crise irreversible. Esta novela confírmao como un dos narradores galegos máis sólidos e de mellor acollida entre os lectores e lectoras do noso tempo.
Zapatillas rotas
ISBN: 9788499147000
$56.400
Hay existencias
EL EXORCISTA
O CORAZóN DE XúPITER
AMIGOS DE DIOS BOLSILLO RUSTICA COLOR
El embrujo aprisionado (Monfragüe íntimo)
Direitos lingüísticos e control político
Risas al punto de sal
Beethoven contado a través de sus contemporáneos
A peu per Andalusia
La ciencia en España
El paquete parlante
Soñando personas
Zapato
El peso de vivir en la tierra