Andrea, 35 anos, divorciada, nacionalista, candidata nas eleccións ao Concello de Sanxenxo; Rául, 65 anos, viúvo, de vacacións en Sanxenxo e Cangas; e o detective Estévez (este Estévez nin é familiar nin ten nada que ver con Rafael Estévez, o axudante do inspector Leo Caldas das novelas de Domingo Villar), admirador dos detectives Pepe Carvalho e de Frank Soutelo, viúvo… son partícipes dunha historia de amor que comeza a rodar entre o posible e o improbable, dun asasinato sen resolver( o cadáver apareceu calcinado no monte Ladairo de Guntín, a máis de 100 km do lugar de residencia da vítima) no que os principais sospeitosos son o fillo, Martiño, e a filla da vítima…, dunha serie de concomitancias que vinculan aos protagonistas.

Andrea e Raúl
ISBN: 9788412539318
$22.059
Hay existencias