Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos.Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego. Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as Cantigas de Santa María por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba Rianjo no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal.Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.
O libro negro do galego
ISBN: 9788411101196
$66.960
Hay existencias
LEYES DE LA MORAL COSMICA, LAS
Diccionario de turismo
BUSQUEMOS OTROS MONTES Y OTROS RIOS
PUBLICIDAD Y REVOLUCIóN
PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES PARA EL VETERINARIO-2 ED
Metáforas de la vida cotidiana
Lestiu de les joguines mortes (Inspector Salgado 1)
Tras la pista
Caballos y ponis
SPOILERS
El artista sin dolor
El que et diré quan et torni a veure
JOJOS BIZARRE ADVENTURE PARTE 7: STEEL BALL RUN, 9
El Texto Refundido de la Ley Concursal
La senda de los druidas
El delito de quiebra
SANDOKAN JUAN JOSE
¡Todos a la luna!
LIBRO PARA COLOREAR SUPERTHINGS RESCUE FORCE - ESPAÑA
Swim Groz!
ALMA, EL
INFORME PARA UNA ACADEMIA
Cerdeña, rutas desde Alghero y Cagliari
La herencia del pecado
La comida de Lulú
10 Sesiones para trabajar los contenido básicos : lengua y matemáticas 1