Feministas galegas. Claves dunha revoluciónen marcha de Mónica Bar Cendón pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade. Tanto as feministas da transición, herdeiras da revolución cultural do 68 e dispostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideolóxica, como as dos anos 2000 decataríanse de que facerse feminista implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo no poder. O cuestionamento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estrutura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: o privado é político. Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna e externa que conseguiu deixar sinal. Nesta obra coral, Mónica Bar dálles a voz ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan discorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.


Feministas galegas
Autor: Bar Cendón, Mónica
ISBN: 9788499140797
$64.680
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | |
Editorial | Edicións Xerais |
Idioma | |
Número de páginas | 392 |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit