?Canto máis me achego, máis lonxe estou?? H. Ch. Andersen, escritor e poeta danés, que imaxinou o País dos Soños que conduce ao País dos Contos.Hans é unha homenaxe a un danés universal, construída a partir dunha parte das súas historias máis coñecidas, a través dunha viaxe imaxinaria ao País dos Contos que Andersen imaxinou. En palabras do autor, Javier del Sastre, ? Hans é un neno que soñou con ir ao País dos Contos, un país onde vive un señor moi maior, o señor Andersen? Naquel prodixioso lugar, todos os personaxes andaban inquietos e alarmados. Uns dicían que Hans sería o señor Andersen cando fose maior; outros, que o señor Andersen foi Hans sendo neno; algúns non dicían nada, preferían ler contos á sombra dun vello carballo? Atoparanse Hans e o señor Andersen algunha vez?… No País dos Contos pode estar asolución.?A venezolana Susana Suniaga realiza un excelente e minucioso traballo de debuxo e cores, para conformar un dos seus traballos artísticos máis persoais, imaxinando personaxes de conto nunca antes retratados, inseridos en fascinantes escenarios simbólicos.

HANS GALLEGO
ISBN: 9788498714821
$50.400
Hay existencias