Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un libro de instrucións para non galegos dirixido precisamente a estes. Así, algúns títulos que falan de seu: Cocido familiar, Amputado, Gastronomía transfronteiriza, Poesía oriental, Instrucións para parecer intelixente, Instrucións para parecer galego I, II e III, Instrucións para falar do tempo, Sacrificio, Competencia e Pro – dutividade. Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
Instrucions para tomar cafe
ISBN: 9788498655513
$28.000
Hay existencias