Efectivamente, tal como o describe no limiar o xornalista Fernando Salgado: Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o […] dramático día despois. […] Un cambio de época que anuncia un novo paradigma socioeconómico, probablemente con novos actores e distintas políticas, malia a teima das forzas hexemónicas en restaurar o vello modelo neoliberal que foi precisamente o que rebentou, con estrépito, a partir do afundimento de Lehman Brothers. A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia. Como apunta Salgado no prólogo, Velaí a orixinalidade, e confiemos en que a eficacia, desta obra.

Crise global e crise da politica. Unha ollada dende galicia
ISBN: 9788498655506
$45.900
Hay existencias