Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso " branco " ou os cando-rosos aprendices de literato… en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.
O señor Lugrís e a negra sombra
ISBN: 9788497826419
$56.400
Hay existencias
LEYES DE LA MORAL COSMICA, LAS
Diccionario de turismo
BUSQUEMOS OTROS MONTES Y OTROS RIOS
PUBLICIDAD Y REVOLUCIóN
PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES PARA EL VETERINARIO-2 ED
Metáforas de la vida cotidiana
Lestiu de les joguines mortes (Inspector Salgado 1)
Tras la pista
Rompiendo mis esquemas
Capital de provincia
INQUIETA
CIRUGIA ONCOLOGICA
Economía azul: de la estrategia a las políticas públicas
LA CIENCIA DEL BUEN DORMIR
BRINDARE POR TI