Estas dez narracións, escritas coa tinta azul das fadas, recrean con absoluta liberdade os argumentos e a estrutura dos contos clásicos de Carapucha vermella, Peter Pan, As mil e unha noites, A sereíña, Bucles de ouro ou Os tres osiños, Brancaneves, A bela dormente do bosque, Cincenta, Barba azul e Alicia no país das marabillas. Novos contos totalmente afastados dos contidos misóxinos, reaccionarios e pouco liberadores das versións primitivas que os provocaron;historias, tan distintas das aprendidas como as deu a vida, cosidas todas elas por fíos libertarios de homenaxes e repudios. Contos que expresan nesa vontade de cambio a verdade, verdade viva de ficcion.

Vermella con lobos
ISBN: 9788497821803
$35.875
Hay existencias