A través da presente publicación o Consello da Cultura Galega intenta achegarnos a un dos mellores músicos da nosa contemporaneidade.
Ata o momento non existía unha biografía tan ampla de José Baldomir e menos un estudo completo da súa obra. Margarita Viso fai unha investigación exhaustiva presentando neste libro en orde cronolóxica os datos xa coñecidos e os extraídos de arquivos e das hemerotecas dixitais, tratando de tecer algunhas consideracións de diversa índole acerca da vida e da obra do compositor.
Coméntanse todas as obras de Baldomir localizadas hoxe en día, se ben esta publicación céntrase nas melodías galegas, xénero que el levou ao máximo nivel artístico e que alcanzaron unha difusión universal na súa época, perdurando na memoria colectiva a través do tempo. Esta transcendencia, xunto coa doutras obras como Negra Sombra de Montes, Un adiós a Mariquiña e Cantiga de Chané ou a Alborada de Veiga, entre unha infinidade de títulos máis, fai delas o emblema musical de Galicia.
Esta foi a razón principal que conduciu á autora, como ela mesma explica nestas páxinas, a centrar esta edición nas súas melodías galegas exclusivamente.

MELODIAS GALEGAS DE JOSÉ BALDOMIR RODRÍGUEZ
Autor: Viso Soto, Margarita
ISBN: 9788492923915
$31.500
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | TAPA BLANDA O BOLSILLO |
Editorial | Consello Cultura Galega |
Idioma | |
Número de páginas | 231 |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit