Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos… Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum… Os dous galos máis famosos regresan nunha nova aventura realizada, como en ocasións anteriores, polo talentoso dúo creativo formado por Jean-Yves Ferri no guión e Didier Conrad na ilustración. Escoltada por dous xefes arvernos, unha misteriosa adolescente chega de noite á aldea. Xulio César e os seus lexionarios búscana, pois murmúrase que o pai desta enigmática visitante non é outro que… o gran Vercinxetórix, vencido dous anos antes en Alesia.

Astérix: A filla de Vercinxetórix
ISBN: 9788491215639
$31.080
Hay existencias