A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protagonistas ten, entre outras, a virtude de enriquecer as visións máis xerais, humanizándoas e, decote, situándoas nunha engaiolante clave heterodoxa.
De todas estas características participa O mar e a memoria. O Expediente Armesto, en que se fai referencia á documentación enviada entre 1937 e 1938 ao gobernador civil da Coruña polo tenente da Garda Civil José Armesto Anta, destinado ex profeso á vila mariñeira de Malpica para investigar o clima refractario alí existente verbo do novo réxime xurdido pola forza das armas, tras o golpe militar do 17 de xullo de 1936.
Os devanditos informes serviron de fío condutor para que, utilizando abundantes fontes arquivísticas, hemerográficas e bibliográficas, o autor constrúa unha historia de desafección e sometemento nunha localidade que vivira afervoadamente a experiencia republicana, tempo en que por primeira vez os poderes públicos tiveron en conta nas súas decisións a maioría social da vila representada polos mariñeiros.
En realidade, o acontecido en Malpica, repítese en boa medida na maioría de vilas do litoral galego, en que as simpatías polo réxime democrático xurdido o 14 de abril de 1931 eran amplamente maioritarias e nas que as liñas de forza que determinaron o devalar político-social das súas respectivas comunidades piscatorias até o remate da Guerra Civil, son dabondo compartidas.

O mar e memoria. Expediente Armesto
ISBN: 9788484875079
$35.904
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit