COLGADOS
Non che digo que o seu era o de colgarse? A las cinco de la
tarde subía con toda la muerte a cuestas… ao faiado. Á hora
dos touros! Aquilino era forte como un boi. Mentres a xente de
idade durmía a sesta, el colgábase un tempiño, até que quedaba
a gusto e conseguía botar fóra ese aquel que un leva nas
entrañas, que che proe por dentro como un bicho, xa saben a
que me refiro. Porque para colgarse ten que darche un chisgarabís
ou un rauto como vulgarmente se di…
PISADOS
P ois o zapato dixo claramente, chan, chan… E logo que
pensan que había dicir un zapato posto a falar en galego se
non é chan, chan? Non vai dicir suelo, suelo… Que suelo?,
suelo pisar mierda cuando miro para el cielo? É moito
máis difícil… Ademais, se o primeiro que ve un zapato cando
esperta é o chan para que vai dicir suelo, é antinatural, por
moito decreto que lle obrigue a falar así a un zapato. Hai que
poñer os pés no chan. É de sentidiño común…
SNAKIZADOS
Que vou na na, nara na, nana, nará, naná… nacer dunha
puuuu, que vou nacer dunha puu…nta tacón… Grooou!
Auuuú! Auauarrr! Xoooó!… Non podo, non podo comigo mesmo,
ai aiai!… Silencio! Todos ao cha cha chan… Bailas? Agora
non é o momento, non ves que estou nacendo?… Afasta de
min este… Gragh, gragh! Ca ca cala corvo… Nevermore…Vou
vou na nanai, nanai do dengue dengue, na nacer dunha puu,
puag!… Ao gran!… Vou ir ao gran dunha puuu, dunha puuuuu
ta, ta, ta, tatatatatá!… Tatatatatá! Seica el soíño matou cento vinte
e dous…


TRES LOGOMONOS
Autor: Gustavo Pernas Cora
ISBN: 9788484874140
$36.000
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit