Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.
Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana A Beltranexa como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.
Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da boa vila ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.
Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas.
A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.
É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.


XAN DO ARRANALDO
Autor: Rafael Fontoira Sur¡s
ISBN: 9788484874034
$28.000
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit