Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esi¬xencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames da concepción do que é o xornalismo para el, isto é, un exercicio dominado pola filosofía da subversión, pola oposición aos desmáns do poder, polo desexo de converterse nun medio de coñecemento e de difusión dos valores da xustiza e da solidariedade. […]Ao meu xuízo, o máis interesante destas prosas é sempre ese arrecen¬do de inconformismo cos tempos que vive e que expón desde unha dia¬léctica extraordinaria, sen deixar de recorrer ás veces ao exabrupto para axitar conciencias. Lueiro sempre di todo explicitamente: mostra o seu desacordo coa dirección que colleron as cousas desde a reforma política, amosando unha seria e sustentada desconfianza respecto do rumbo que ían adquirindo tanto a situación política galega como a española.
(Do prólogo de Ramón Nicolás)
NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)
Autor: Manuel Lueiro Rey
ISBN: 9788484873198
$33.600
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit