Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías onde habitan os privados.
Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ?O Paradoxo de Kaolin?, seguir con ?Emerson, Lake & Pálmer? e volver ao principio. Ou a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada.
Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos;a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ?O bordel da estrada?.
Ou léao, pero tómese unha aspirina.

A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB
Autor: Antón Beiras Cal
ISBN: 9788484872948
$26.250
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit