Este libro reúne as colaboracións de Xavier Queipo no programa Diario Cultural da Radio Galega ao longo dun ano. No Caderno Da Revolución Cultural atopará o lector, a lectora, a curiosidade do viaxeiro a se demorar na profundidade do detalle, a mirada analítica do científico a se expandir nos territorios da imaxinación, a aventura dos sabores que adxectivan e singularizan cada xesto, cada palabra, as paixóns mariñas, as querenzas asiáticas, as deflagracións íntimas, as contradicións da materia da vida e esoutras rutas que só abre o texto poético.
Caderno da revolución cultural
ISBN: 9788484871224
$30.000
Hay existencias