A finais dos anos 50 do século pasado, Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak comezaron a publicar os títulos dunha serie que, case seis décadas despois, segue conservando o encanto e a tenrura dos contos de antano, reforzados polo estilo dos antigos gravados, aderezados con suaves pátinas de cor. A amiga de Osiño conta a ilusión que este entrañable personaxe humanizado experimenta ao coñecer a Emilia, con quen comparte paseos, charlas e feestas con outros habitantes do bosque, ata o momento de tristeza no que teñen que separarse ao final do verán.
A amiga de Osiño
ISBN: 9788484649458
$22.750
Hay existencias