& x0201C;Pan de millo& x0201D; é un libro-disco dirixido a público familiar no que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática. Os arranxos e adaptacións están feitos por Magoia Bodega e Paulo Nogueira, músicos e educadores, membros do grupo Treixadura e moi vencellados a proxectos de divulgación da música galega tradicional. Canda eles, intérpretes do prestixio de Pancho µlvarez, César Longa, Begoña Riobó ou Segundo Grandío, entre outros artistas.
Pan de millo
ISBN: 9788484648475
$48.000
Hay existencias