O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o elefante elegante… A viaxe de Olaf destaca pola profusión de colorido e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo crebacabezas faunístico

A viaxe de Olaf
ISBN: 9788484647690
$24.500
Hay existencias