Alicia cánsase de estar diante do ordenador, sen saber que facer, e decide saír da casa; pero non sabe que poñerse. Abre o frigorífico. No seu interior hai unha pota con coello e, nun prato branco, unha orella esquerda cun brinco de ouro con forma de estrela… & x0201C;Libro das M& x02019;Alicias& x0201D; é unha mostra de vangarda creativa para lectores de todas as idades. Este libro foi seleccionado no VI Simposio sobre Literatura Infantil e Xuvenil, organizado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez en xuño de 2000, como unha das cen obras da Literatura Infantil española máis representativas do século XX. Editado por primeira vez en 1990, é unha curiosa e divertida reescritura do personaxe de & x0201C;Alicia no País das Marabillas& x0201D;. Consta de doce historias curtas e disparatadas, cheas de humor e fantasía, nas que Miquel Obiols presenta unha nova protagonista -díscola e irreverente- do relato de Lewis Carrol, nun mundo surrealista e estrambótico, nada convencional. Este traballo representou un antes e un despois na traxectoria artística de Miguel Calatayud e un referente esencial na súa evolución estética.
Libro das MAlicias
ISBN: 9788484646945
$30.525
Hay existencias