Logo do éxito de PEL DE MULLER, o primeiro libro de Asun Estévez co que Ir Indo Edicións iniciou a colección de poesía, achega aos lectores este segundo baixo o nome NOITES, AMENCERES… E ALGO MAIS coa seguranza que non os defraudará. Os lectores poderán revivir no seu cerne sensacións xa sentidas pero nunca expresadas con palabras. A poesía, a de Asun Estévez tamén, logra avivecer en nós realidades ocultas ás que alguén lle pon axeitadamente poucas verbas: soños, noite, soidade, amenceres, ausencias, mar, desacougo, amor…

Noites,amenceres e algo mais
ISBN: 9788476806685
$17.500
Hay existencias