Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radicalentre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidadecomo actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonistadeste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que,dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antigaSuevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego?

Melancoholemia
ISBN: 9788416721641
$25.200
Hay existencias