No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, de inspiración celto-cristiá, que considera como arte suprema. E velaí a inspiración para o borrador da Doutrina do Sancto Graal, reivindicación do seu simbolismo: o cáliz, a estrela, o corno, os montes sacros de Galicia
, desde un realismo máxico que lle porá aura á creatividade daquel tempo.
Felipe-Senén López Gómez achéganos nesta edición un pormenorizado estudo, transcrición e notas, ao redor dos textos dun Risco impregnado do panceltismo que floreceu na Galicia de finais do século XIX e inicios do XX.

Doutrina e ritual da moi nobre orde galega do Sancto Graal – A estrela do apóstolo
ISBN: 9788411762076
$49.875
Hay existencias