Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro. Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das Cantigas descarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.
Henrique Monteagudo atopa nesa dedicatoria a chave do ollas que Lapa deitou sobe Galicia e o seu idioma, e que desembocaría na súa proposta reintegracionista. Ao longo da súa brillante traxectoria, desde os seus primeiros estudos filolóxicos sobre a lírica medieval, e especialemnte despois da súa primeira visita a Galicia (1932), cando contactou co movemento galeguista, o filólogo portugués demostrou unha fonda paixón pola nosa lingua. Neste libro, botando man da súa correspondendia con Del Riego e Ramón Piñeiro, e mais dos fondos que o autor legou á Fundación Penzol, desenvólvese unha análise das súas ideas sobre o galego e percórrese a súa colaboracíón coa resistencia galeguista nucleada arredor de Editorial Galaxia, especialmente entre 1950 e 1971, unha estreira relación en que Francisco Fernández del Riego xogou un papel chave, e da que a edición das Cantigas é testemuño perenne.


Galiza Mater, raíz anterga
Autor: Monteagudo, Henrique
ISBN: 9788411762021
$31.230
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | |
Editorial | Galaxia |
Idioma | |
Número de páginas | 158 |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit