A Guía das plantas de Galicia, do botánico Xosé Ramón García, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país. A partir dunha terminoloxía sinxela, permítenos a determinación polo miúdo das especies que os estudosos e afeccionados poden atopar nas saídas ao campo ou nos paseos pola súa contorna.
O libro comeza cunha introdución xeral que trata da recolección, preparación e conservación das plantas, nomenclatura botánica, posibilidades que ofrece Internet e xeoloxía de Galicia. Contémplase a normativa legal actualizada sobre protección dos hábitats naturais e a listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia, que inclúe o Catálogo galego de especies ameazadas, así como o Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Ademais, en cada especie tratada indícase a categoría con que pode estar no devandito catálogo, así como a posible consideración de invasora pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Logo, aborda a obra as claves que permiten a determinación ata o nivel de especie ou subespecie, para entrar nas fichas descritivas dos 1715 taxons (a maioría dos que en Galicia existen), indicándose o nome considerado correcto, sinónimos máis habituais, nomes populares en galego, castelán e inglés, descrición -con especial atención ás características que teñen valor diferencial-, hábitats máis habituais e fenoloxía da floración.
A Guía das plantas de Galicia contén, ademais, 1493 fotografías que ilustran o aspecto xeral da planta ou aspectos relevantes para a súa identificación, así como outro tipo de iconas nos casos que se consideran oportunos. A obra remata cun vocabulario en que se glosan os termos empregados, unha bibliografía básica e un completo índice alfabético.


Guía das plantas de Galicia
Autor: García, Xosé Ramón
ISBN: 9788411103558
$97.912
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | |
Editorial | Xerais |
Idioma | |
Número de páginas | 512 |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit