Tac Tac Tac é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro. Tac Tac Tac, publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta. Un libro fetiche, un libro único.

TAC TAC TAC
ISBN: 9788411102285
$79.080
Hay existencias