Unha divertida e transgresora versión da fábula clásica na que descubrimos a verdadeira razón pola cal a tartaruga gaña a carreira. & x0201C;A lebre e a tartaruga& x0201D; é unha coñecida fábula atribuída a Esopo e posteriormente reescrita por La Fontaine ou Samaniego coa que xeración tras xeración aprendemos que a perseveranza é capaz de vencer a arrogancia. David Pintor xoga con esta narración clásica e proponnos un desenlace diferente e moi divertido no que tanto a perseveranza como a intelixencia xogan un importante papel. As imaxes expresivas e próximas á linguaxe visual do cómic acentúan o sentido do humor deste álbum hilarante.

TORTUGA VS LEBRE O DESQUITE
ISBN: 9788413432274
$24.500
Hay existencias