As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, recorte das prestacións, restricións no acceso aos servizos, limitación dos recursos destinados a investigación e formación profesional…) están enmarcadas nunha corrente ultraliberal e motivadas pola mesma estratexia: a precarización dos servizos sanitarios públicos e a definición de espazos de negocio (a construción e xestión dos centros sanitarios, o control da tecnoloxía sanitaria, etc.) que permitan a grupos empresariais afíns apropiarse dunha parte importante dos orzamentos públicos.
Neste libro presentamos un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coa pretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia.
Trátase dunha achega seria, documentada e rigorosa, mais non imparcial;pretendemos achegar argumentos e análises que sexan útiles -aos cidadáns e ás organizacións políticas, sindicais e profesionais- para comprender as estratexias postas en marcha desde a Xunta de Galicia no terreo sanitario e o grave risco que representan para o futuro inmediato da sanidade pública.
Este libro poderá ser útil, tamén, ás plataformas para a defensa da sanidade pública que, nos últimos tempos, están traballando en toda a xeografía galega para evitar o desmantelamento dos servizos públicos, elementos clave do estado do benestar.

A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
ISBN: 9788484872795
$31.200
Hay existencias
Lo recibirás en cualquier lugar de Argentina entre 10 y 15 días hábiles luego del envío.
Sinopsis
Características
Peso | 1 kg |
---|---|
Dimensiones | 3 × 15 × 20 cm |
Encuadernación | OTRO FORMATO LIBRO |
Editorial | Laiovento (ibd) |
Idioma | |
Número de páginas | |
País de origen | España |
Preguntas Frecuentes
¿El libro es original?
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
Medios de pago
- MercadoPago (Tarjeta de crédito, débito, saldo en MercadoPago)
- Transferencia Bancaria
Medios de envío
- Correo Argentino (Envío a sucursal)
- Correo Argentino (Envío a domicilio)
- Pickit